Consultoría e
análisE
Cómo a fabricación aditiva pode aumentar a competitividade da súa empresa
Consultoría e análise técnico-económico
Detectamos as posibilidades que a fabricación aditiva pode ofrecer para a optimización do seu proceso produtivo
A implantación ordenada e estruturada da fabricación aditiva ou impresión 3D nos procesos produtivos actuais é un dos principais factores de mellora da competitividade en calquera ámbito da industria nunha contorna global cada vez máis esixente.
Para logralo, o punto de partida debe ser analizar, dende unha perspectiva técnica e económica, a cadea de valor na súa totalidade, para así entender as súas distintas fases co seu nivel de importancia e detectar os puntos de mellora onde a fabricación aditiva pode engadir valor, sexa en redución de ineficiencias (tempo, recursos…, e polo tanto custe) ou xerando novas solucións imposibles mediante métodos de fabricación tradicionais.
Detectar os puntos críticos da cadea de valor e redución dos mesmos.
Definir o equipamento necesario e decisión de adquisión ou externalización.
Seleccionar qué materiais poden substituír e mellorar as propiedades actuais.
Determinar as necesidades de capacitación de recursos humanos.
Orientar a cadea de abastecemento á filosofía lean con programación de procesos JIT.
Analizar a viabilidade da conversión de determinadas referencias a un almacén dixital.
Planificar as fases de implantación de forma ordenada e estruturada.
Calcular os custes de implantación e a rendibilidade do investimento (ROI).
A importancia dunha análise rigurosa previa
A impresión 3D superou xa o ciclo de lanzamento que debe pasar calquera nova tecnoloxía, deixando atrás falsas expectativas que a consideraban unha tecnoloxía válida para calquera aplicación, ata substitutiva das tecnoloxías de fabricación tradicionais. Baixo estas falsas premisas, realizáronse implantacións desordenadas e desestruturadas, aplicando a impresión 3D en procesos produtivos de forma pouco idónea, dando como resultado investimentos e experiencias negativas.
Por qué con Dativic?
O noso profundo coñecemento sobre fabricación aditiva en canto a tecnoloxías, materiais, equipos e aplicacións, unida á ampla experiencia en acompañamento na implantación industrial de distintos procesos produtivos, permítenos ofrecer solucións orientadas á mellora da produtividade e a competitividade da empresa, sempre na procura da excelencia nos ámbitos de aplicación analizados, tendo sempre en conta a parte técnica, económica e de capacitación humana.
Mellore a súa competitividade
Permítanos coñecer a súa situación actual e analizaremos onde se podería obter unha mellora competitiva apoiada na fabricación aditiva.
