Sobre
nós
Especialistas en tecnoloxías, equipos, materiais e aplicacións de fabricación aditiva
Experiencia e profesionalidade
Aplicacións e implantacións de fabricación aditiva realistas, ordenadas e estruturadas
Iniciamos a nosa actividade en 2013 co obxectivo de ofrecer un servizo de abastecemento profesional de produtos de impresión 3D. Dende entón, vivimos en primeira persoa a evolución do sector, as novas tecnoloxías e materiais que foron xurdindo, así como as novas aplicacións e posibilidades que a fabricación aditiva proporcionaba a un sinfín de actividades industriais.
Tamén fomos testemuña das sobredimensionadas expectativas que proclamaban a fabricación aditiva válida para calquera aplicación e substitutiva das tecnoloxías de fabricación tradicionais, causando implantacións plantexadas incorrectamente e experiencias desastrosas para numerosas empresas.
Por iso, apoiámonos na nosa experiencia e amplo coñecemento das tecnoloxías, equipos, materiais e aplicacións para realizar con éxito implantacións de fabricación aditiva orientadas á mellora da eficiencia dos procesos produtivos e a cadea de valor de cada cliente.

Confiaron en nós:
![[:es]airbus[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/airbus-150x150.png)
![[:es]psa[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/psa-150x150.png)
![[:es]benteler[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/benteler-150x150.png)
![[:es]borgwarner[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/borgwarner-150x150.png)
![[:es]acciona[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/acciona-150x150.png)
![[:es]philips[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/philips-150x150.png)
![[:es]siemens[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/siemens-150x150.png)
![[:es]ferrovial[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/ferrovial-150x150.png)
![[:es]mahou[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/mahou-1-150x150.png)
![[:es]csic[:]](https://dativic.com/wp-content/uploads/2019/08/csic-150x150.png)
Baixo a marca Filament2Print ofrecemos unha das maiores gamas de produtos para distintas tecnoloxías de impresión 3D: impresoras, filamentos, resinas, accesorios, compoñentes…
Asegurámonos de verificar a trazabilidade e calidade de cada un dos produtos que ofrecemos, testados previamente ao seu lanzamento polo noso equipo técnico, con ampla experiencia no sector.
Estamos continuamente investigando e analizando novos produtos e materiais, incorporando ao noso catálogo as últimas novidades en impresión 3D.
- Amplo catálogo de produtos para impresión 3D.
- Envíos a calquera país do mundo.
- Entrega en 24h en Europa e 48-72h no resto do mundo.
- Flexibilidade na tramitación de pedidos e adaptación aos procesos internos de clientes.
- Premio Smart Commerce 2017 ao mellor e-commerce de Galicia.

As nosas instalacións
As nosas instalación están ubicadas en Nigrán (Pontevedra).
Na nosa nave contamos cun almacén dotado das condicións óptimas (temperatura, humidade…) para garantir a trazabilidade e perfecta conservación dos nosos produtos.
Dispoñemos tamén do equipamento necesario para realizar os test e probas de equipos e materiais para diferentes tecnoloxías de impresión 3D. Isto permítenos coñecer de primeira man as últimas novidades e innovacións, así como analizar as súas posibles aplicacións.
Adicionalmente, dispoñemos de salas habilitadas para impartir sesións formativas nas nosas propias instalacións.
Veña a visitarnos
Se quere coñecer as nosas capacidades en primeira persoa, non dubide en contactar con nós para solicitar unha visita programada.