Soporte
e abastecemento
Asistencia e acompañamento coa máxima fiabilidade para extraer todo o potencial da fabricación aditiva
Soporte técnico especializado
A asistencia necesaria para obter o máximo rendemento das diferentes tecnoloxías e materiais
A nosa experiencia no sector e o noso amplo coñecemento sobre tecnoloxías, materiais e aplicacións permítenos ofrecer un servizo de soporte técnico totalmente especializado:
- Analizar a tecnoloxía máis axeitada para cada proceso.
- Seleccionar o material ou compoñente idóneo para cada aplicación.
- Orientar na parametrización do equipo para unha óptima fabricación.
- Resolver calquera problemática na implantación de fabricación aditiva no seu proceso produtivo.
- Etc.
O noso servizo de soporte técnico está dispoñible para a contratación en modalidade presencial ou a distancia.
Mantemento preventivo e correctivo
Acompañamento robusto para que a súa implantación de impresión 3D manteña unha productividade óptima
Plan de mantemento preventivo
Orientado á minimización de pérdidas de capacidades produtivas por erros nos equipos de fabricación aditiva e optimizar o OEE (Overall Equipment Effectiveness).
- Acompasamento ao mantemento do resto dos equipos produtivos para minimizar o tempo de parada da produción.
- Formación de equipos internos implicados para unha maior autonomía da empresa.
- Utilización de técnicas Kaizen para recompilar datos estatísticos e retroalimentar o mantemento produtivo total (TPM).
- Planificación de abastecementos para reducir o takt time da cadea de valor asociado a este proceso.
Mantemento correctivo
Servicio técnico especializado para a resolución de forma áxil de incidencias e erros inesperados nos equipos de fabricación aditiva.
- Rápida resposta para minimizar o impacto da incidencia.
- Asistencia a distancia para realizar unha primeira avaliación e intentar solucionar en colaboración co equipo interno.
- Servizo técnico presencial a cargo dun técnico experto nas súas instalacións ou recollida do equipo para a súa reparación.
- Xestión e tramitación co fabricante para reparacións de equipos en garantía.
Abastecemento de equipos e consumibles
Garantimos o abastecemento dunha ampla gama de impresoras 3D, filamentos, resinas, accesorios e compoñentes.
Baixo a marca Filament2Print ofrecemos unha das maiores gamas de produtos para distintas tecnoloxías de impresión 3D: impresoras, filamentos, resinas, accesorios, compoñentes, etc.
Entendemos o abastecemento moito máis alá da visión tradicional de só focalizar na velocidade e no custo. A nosa visión inclúe unha perspectiva global de toda a cadea de abastecemento, co obxectivo dunha optimización continua e garantindo sempre a súa fiabilidade.
Grazas a unha xestión integrada da cadea de abastecemento, garantimos un alto nivel de dispoñibilidade nos nosos produtos e un fluxo óptimo de materiais, de información e financeiro, aplicando a triple A cos nosos clientes:
Adaptación ás peculiaridades nos procesos da empresa.
Alineación cos obxectivos da cadea de valor do cliente.
Axilidade para a resposta inmediata ante calquera demanda.
referencias en stock
clientes satisfeitos
países atendidos
Fiabilidade e profesionalidade
Axudámoslle a optimizar a súa productividade cunha asistencia personalizada, minimizando incidencias e cun abastecemento de total garantía.